Petroglifos.org

Petroglifos

As figuras distribúense entre os espazos definidos polas liñas de fractura da rocha soporte, configurando unha espléndida visón deste panel no que destacan a regularidade e o coidado das inscripcións.
A regularidade nas proporcións das combinacións circulares da superficie de Pena da Moura na parroquia de San Fiz de Amarante, no municipio de Antas de Ulla (Lugo), con diámetros que oscilan entre os 13 e os 51 cm.
Combinacións circulares que alcanzan os 2 metros de diámetro, que xunto coas cazoletas son testemuña das gravacións en momentos prehistóricos. Tamén un numeroso repertorio de motivos gravados en momentos xa plenamente históricos sinxelamente identificables como ferraduras, cruciformes e a singularidade da presenza de varias representacións aviformes.
Xunto a unha amplia asociación de liñas e cazoletas, aparecen cunha diposición que suxire a súa execución seguindo un ordeamento premeditado, unhas figuras cuadrangulares asociadas entre si escapándosenos o significado dalgunhas.
A estación arqueolóxica de Santa Cristina ofrece ós seus visitantes un espectacular panel onde un numeroso grupo de animais rodean a unha estraña figura ovalada e a unha esvástica de radios de combinacións circulares e figuras axadrezadas.
No monte de Santa Trega na Guarda coñécense ata vintecinco superficies con gravados rupestres, e unha boa parte deles localízanse nas rochas que serven de base ós muros das construccións do poblado castrexo, o que indica que para os seus habitantes estes deseños perderan o seu significado orixinal.
Con dezaoito aneis concéntricos e 350 cm de diámetro a figura do Grupo III é das maiores dimensións do continente europeo e polo tanto das coñecidas do grupo galaico de arte rupestre prehistórico.
Posibles representacións escultiformes, alabardas e puñales, entre os que destaca a figura de 240 cm., configuran o panel con representacións de armas máis espectaculares da prehistoria recente galaica
Dominio do home sobre o seu entorno a través das diferentes actitudes dos personaxes en relación cos animais representados.
O repertorio iconográfico prehístorico o compoñen unha escea de monta, varias combinacións circulares e un panel de liñas enmarañadas. Sobre unha boa parte dos motivos prehistóricos graváronse en épocas posteriores caracteres de delimitación territorial e/ou cristianización do lugar.
Ó Este do recinto fortificado da Cabeciña na parroquia de Mougás, atópase un panel de gravados que na súa temática, reflexando o omnipresente mundo curvilíneo dos petroglifos galaicos, ofrécenos unha composición que remite ás decoracións das cámaras funerarias do megalitismo atlántico.
Unha das particularidades das superficies con petroglifos do Suroeste galaico é o enmarañamento de liñas que se observa nalgunhas delas.
As únicas representacións de embarcacións da prehistoria recente do NO. da Península Ibérica.

Un proxecto de:
Coa colaboración de:
Web feita con: